Como sabedes, a semana pasada tivemos a visita no centro do grupo alemán de intercambio procedente de Harsewinkel. Tocábanos corresponderlles como anfitrións, tras a marabillosa acollida que nos deron o pasado xullo na súa terra.
A axenda do grupo estivo cargada de actividades, e como o tempo acompañou, mesmo tiveron a oportunidade de darse un baño nas nosas praias e desfrutar a tope da paisaxe e da nosa gastronomía.
Precisamente vos deixamos o enlace a unha noticia do Faro de Vigo do pasado venres, cando tras asistir á subasta do peixe na lonxa, acudimos a un showcooking organizado polo Concello de Bueu na praza de abastos. Alí nos explicaron cómo cociñar mexilóns e tivemos a oportunidade de degustar pratos típicos da terra ( por certo, todo riquísimo). A visita á praza de abastos de Bueu resulta unha cita imprescindible!!
Aproveitamos para darlle as grazas ao Concello de Bueu por organizar unha actividade tan interesante e polas atencións recibidas.
Toda a nosa gratitude para a profesora Urte Rose de Vries e ás súas estudantes de español por achegarse estes días a Bueu para coñecer un pouquiño do noso pobo e da nosa cultura. A experiencia resultou inesquecible para todos!
Vos deixamos o enlace á web do Gymnasium Harsewinkel, para que poidades botarlle unha ollada ao seu instituto, ás actividades que desenvolven e curiosear acerca do pobo e do seu entorno: Gymnasium Harsewinkel.
Vos deixamos o enlace á web do Gymnasium Harsewinkel, para que poidades botarlle unha ollada ao seu instituto, ás actividades que desenvolven e curiosear acerca do pobo e do seu entorno: Gymnasium Harsewinkel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario