O pasado venres 8 de xaneiro o departamento de Programas Europeos organizou unha charla informativa dirixida aos estudantes interesados no proxecto Erasmus. Esta charla contou coa presenza de David Gómez Cabanelas, ex alumno do noso ciclo superior de Construcións Metálicas.
O curso pasado David foi beneficiario dunha beca Erasmus + con destino en Melle (Alemaña). Até alí se desprazou a finais de marzo, coa intención de mellorar as súas competencias profesionais e lingüísticas durante o periodo de prácticas. O grao de satisfacción de David e da empresa de acollida foi tal que ao remate da FCT lle ofreceron a posibilidade de quedar contratado, e él non dubidou en aceptar. Dende o pasado verán David ten traballo e reside alí coa súa muller.
En palabras de David, a súa estancia resultou excepcional tanto a nivel humano como profesional. Esta rexión xermana ofrece moitas oportunidades a nivel laboral e son moi receptivos a acoller a xente de fóra, dando todo tipo de facilidades para quen vaia con intención de traballar e integrarse.
O curso pasado David foi beneficiario dunha beca Erasmus + con destino en Melle (Alemaña). Até alí se desprazou a finais de marzo, coa intención de mellorar as súas competencias profesionais e lingüísticas durante o periodo de prácticas. O grao de satisfacción de David e da empresa de acollida foi tal que ao remate da FCT lle ofreceron a posibilidade de quedar contratado, e él non dubidou en aceptar. Dende o pasado verán David ten traballo e reside alí coa súa muller.
David nos transmitiu moita enerxía e ilusión polo proxecto Erasmus, xa que para él ten suposto unha oportunidade de futuro tanto a nivel persoal como profesional. Queremos agradecerlle dende aquí a súa boa disposición para acudir ao Johan e resolver as dúbidas dos compañeiros. A súa enerxía e optimismo resultaron contaxiosos, constituindo unha inxección de motivación para todos nós.
Para o departamento de Programas Europeos experiencias como a de David constitúen un acicate para seguir traballando e ofrecendo novas oportunidades aos nosos estudantes.
Aproveitamos para vos lembrar que o prazo para presentar a solicitude de participación na convocatoria Erasmus 2016/17 remata o 30 de xaneiro.
Animádevos, o programa Erasmus pode ser o motor para cambiar a vosa vida!

No hay comentarios:
Publicar un comentario