BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

miércoles, 13 de abril de 2016

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN DUBLÍN

É o momento de contarvos a miña experiencia por Dublín, grazas ao proxecto Erasmus+ KA101. 
Participei nun curso intensivo de inglés, con unha duración de dúas semanas, impartido en The Horner School of English en Dublín. O curso estaba destinado a actualizar as catro competencias básicas dunha lingua. Aínda que se centraron na comunicación oral: escoitar, falar e conversar. 

O grupo ao que pertencía estaba formado por persoas de diferentes nacionalidades Xapón, Corea, Turquia, Brasil, e por suposto paises europeos, Alemaña, Bélxica,.. Este feito enriqueceu a experiencia.

Ademais organizaron actividades fora do horario de clase, onde puidemos visitar diferentes atractivos da cidade, O Castelo de Dublín ou o cárcere de Kilmainham entre outros.






 VOS TAMÉN O PODEDES FACER, ANÍMOVOS A PARTICIPAR!!!!!!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario