BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA
Mostrando entradas con la etiqueta ERASMUS PERSOAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ERASMUS PERSOAL. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de julio de 2017

ERASMUS EN ROMA

A nosa compañeira Pachy, profesora dos ciclos de Imaxe Persoal do IES Johan Carballeira, está a realizar unha estancia Erasmus no centro de estética Tiziano Roma.


Como podedes ver, está a desfrutar moito da experiencia, aprendendo novas técnicas de traballo e mellorando o seu nivel de italiano.


Xa vedes cántas satisfaccións, a nivel profesional e humano, pode reportar participar nunha mobilidade Erasmus. Animádevos, GO ERASMUS!!

viernes, 3 de febrero de 2017

MOBILIDADES ERASMUS K103

Unha vez presentadas as candidaturas para a realización de mobilidades Erasmus de profesorado, na modalidade jobshadowing (K103), o comité de selección reuniuse o día 02 de febreiro, có obxecto de avaliar as solicitudes presentadas.

No documento adxunto poderedes consultar as solicitudes presentadas e as puntuacións correspondentes, así como a candidata seleccionada.

Noraboa Patxi!

viernes, 13 de enero de 2017

MOBILIDADES ERASMUS PROFESORADO K103

CONVOCATORIA 2016/ 2017
PROCESO DE SELECCIÓN (K103)COMUNICACIÓN
Proceso de selección aberto ata o 1 de febreiro

O departamento de programas europeos comunica que o persoal docente interesado en acceder a nova bolsa de mobilidades europeas de programas europeos poderá presentar a solicitude ata o 1 febreiro.



· Data                 1/02/ 2017
· HORA:            12:00 h
· LUGAR:                   Conserxería


Documentación a presentar nesta data: 
-Curriculum vitae (Europass) 
-Solicitude de inscrición ( recoller en conserxería)




►Para calquera aclaración: Departamento de Programas Europeos ou por mail ao enderezo iesjc.coordinadorerasmus@gmail.com

Podedes consultar os criterios de selección e máis información na web do centro: MOBILIDADES ERASMUS

jueves, 12 de enero de 2017

ERASMUS + PARA PROFESORES

CÓ GALLO DA CONVOCATORIA DE NOVAS MOBILIDADES DE PRÁCTICAS (JOBSHADOWING) PARA O PROFESORADO DO IES JOHAN CARBALLEIRA, VOS DEIXAMOS UN VÍDEO INFORMATIVO DO SEPIE:


jueves, 18 de agosto de 2016

ERASMUS PROFESORADO: FORMACIÓN DE IDIOMAS EN IRLANDA



Os nosos profesores Rafa Baquero e Marián Garrido remataron a súa andaina Erasmus. Tiveron tempo para perfeccionar o seu dominio do inglés e para desfrutar da nosa fermosa terra irmá, IRLANDA!


Tamén conseguiron melloras para as futuras mobilidades do noso alumnado. Animádevos!

viernes, 22 de julio de 2016

ERASMUS DE PROFESORADO: JOBSHADOWING EN IRLANDA




O noso profesor de educación física está a facer un jobshadowing cunha bolsa Erasmus en Clontarf (Irlanda) no "Piranhas Triathlon Club". O seu obxetivo é actualizar os seus coñecementos de inglés e incorporar vocabulario específico do mundo do deporte. Esperamos que en breve poida abrir unha sección bilingüe no IES Johan Carballeira. Ánimo Luis, xa che queda menos!


martes, 19 de abril de 2016

SOMOS NOTICIA EN ALEMANIA!

Hoxe os nosos estudantes Erasmus en Alemania son noticia no periódico local. Na foto podedes ver a Maget Gulías, moi ben acompañada por Reinhard Scholz (alcalde de Melle), Hartwig Grobe (conselleiro de economía), Frank Stallkamp (xerente da empresa de acollida), Rafael Baquero (profesor do Johan Carballeira), David Gómez (o noso primeiro alumno Erasmus en Melle) e Rubén Andina, o noso intermediario e punto de referencia no lugar. 
Destacar que nesta nova salientan a alta cualificación profesional dos nosos estudantes e o elevado grao de satisfacción que a empresa ten cós mesmos.


Precisamente o profesor Rafael Baquero está en Alemania realizando un jobshadowing, no marco do programa Erasmus K103, coa finalidade de coñecer o tecido industrial da zona, a empresa de acollida e realizar novos contactos para futuras mobilidades.

Pola nosa parte, agradecerlles a todos eles o traballo e o alto nivel de compromiso cós nosos alumnos e có noso proxecto, sen eles nada disto sería posible.
Damos as grazas especialmente a Hartwig Grobe e Rubén Andina pola dispoñibilidade, o cariño no trato e a dilixencia na súa xestión, da gusto traballar con vós!

EIN GROSSES DANKESCHÖN AN HERRN STALLKAMP, FRAU GÄRTNER UND VOR ALLEM AUCH AN HERRN GROBE FÜR IHRE FREUNDLICHKEIT, IHRE ARBEIT UND IHRE EFFEKTIVITÄT!!!

Auf ein baldiges Wiedersehen!!

lunes, 7 de marzo de 2016

MOBILIDADE ERASMUS PARA DOCENTES


As mobilidades Erasmus para docentes do IES Johan Carballeira son hoxe noticia no Faro de Vigo. 

Grazas ao programa Erasmus + cinco profesores do IES Johan Carballeira realizarán cursos de formación e estadías en empresas de Irlanda, Francia e Alemaña. Este esforzo formativo ten como finalidade mellorar as súas competencias profesionais e así poder continuar a ofrecer aos nosos estudantes un ensino de calidade e maiores oportunidades de inserción laboral.

ENLACE Á NOVA

martes, 14 de abril de 2015

REUNIÓN INFORMATIVA: MOBILIDADE ERASMUS PARA PERSOAL DO CENTRO

Esta semana terá lugar unha reunión informativa dirixida a todo o persoal do centro (docente e non docente) que teña interese en solicitar unha bolsa de mobilidade Erasmus para realizar unha estadía no estranxeiro (Alemaña, Francia, Irlanda ou Reino Unido) durante o bienio 2015/2016.

Nesta reunión se explicará o procedemento de selección de candidatos (documentación a presentar, datas de celebración das probas, criterios a valorar...etc), así como as posibilidades de formación no estranxeiro, características das estadías, compromisos de participación e traballos a realizar polos participantes tras a experiencia.

Unha oportunidade única a nivel profesional e persoal, que aportará un enorme valor engadido á axenda internacional do IES Johan Carballeira.

As datas e horarios da reunión son:

REUNIÓNS INFORMATIVAS DO PROGRAMA DE MOBILIDADE

DATA:            Xoves 16 de abril 18h (nocturno)
Venres  17 de abril 11h20 (diurno)

                 LUGAR:          Departamento de Administración e Finanzas

lunes, 27 de octubre de 2014

NOVO BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS



Hoxe comezamos unha nova andadura en Internet, con este novo blog de PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA.

Podedes consultar o noso traballo anterior en materia de programas europeos-Erasmus no noso antigo blog: www.fpnojohancarballeira.blogspot.com