BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

jueves, 9 de julio de 2015

VISITA A MELLE


Aproveitando o intercambio dos nosos estudantes (ESO e Bacharelato) có Gymnasium de Harsewinkel (Alemaña), as profesoras Marián Garrido e Úrsula Amoedo  desprazáronse até a localidade de Melle (Osnabrück), onde recentemente remataron as súas prácticas de FCT David Gómez e Rubén Fernández, alumnos Erasmus do Ciclo Superior de Construccións Metálicas. O éxito das prácticas foi tal, que David xa quedou a traballar na empresa, cun contrato de traballo.

A visita resultou moi fructífera, xa que as nosas profesoras aproveitaron para se reunir con Frank Stallkamp, director de NTF Korfhage Maschinenbau, a empresa de acollida dos nosos estudantes, quen tivo máis que boas palabras para os nosos estudantes e a súa preparación profesional. Tamén amosou a boa disposición da empresa para acoller a máis estudantes de prácticas no futuro.



Tamén se reuniron  có concelleiro de desenvolvemento económico, Hartwig Grobe, o noso marabilloso enlace na zona, quen apuntou a necesidade que existe na súa rexión de man de obra cualificada no sector da fabricación mecánica e a dispoñibilidade do seu tecido empresarial para acoller a traballadores españois con formación e ganas de traballar e se integrar. Tras a reunión, acompañadas por Herr Grobe realizaron unha visita a Haberland Zerspanungstechnik GmbH, en Gesmold, outra posible empresa de acollida.

A axenda estaba apretada, pero non quixeron abandoar Melle, sen visitar Volker Brand e Ulrike Kroneck, o matrimonio propietario da casa rural onde David e Rubén se aloxaron durante a súa estancia Erasmus. É moi difícil corresponder á xenerosidade e hospitalidade desta amable parella, que fixo que os nosos alumnos tivesen o calor dunha familia estando tan lonxe da casa. Mil grazas, Ulrike e Volker!


Aínda que non foi posible o encontro, non queremos deixar de agradecer o seu apoio loxístico e sentimental a Rubén Andina e Guadalupe Vázquez, sempre atentos para garantir o benestar dos nosos estudantes. Aínda que na distancia, xa sodes parte da pequena familia do Johan carballeira!

Vos deixamos os enlaces ás noticias publicadas nos medios locais de Melle:

No hay comentarios:

Publicar un comentario