BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

jueves, 1 de octubre de 2015

PROBAS DE SELECCIÓN ERASMUS 2016

CONVOCATORIA 2014/ 2015
(mobilidades 2016)

PROCESO DE SELECCIÓN
COMUNICACIÓN

EXAME DE IDIOMA
O Departamento de Programas Europeos  convoca ao alumnado inscrito no programa Erasmus+ de mobilidade para prácticas en empresas á realización dunha proba de idioma:


· DÍA:                 26 de outubro de 2015  (luns)
· HORA:            18:30 h
· LUGAR:                   AULA 9
· RESULTADOS: 5 de novembro


Documentación a presentar nesta data (independentemente de se se fai ou non a proba de lingua):
O alumnado entregará o mesmo día da proba escrita do idioma vehicular o seu currículum. Valorarase positivamente a entrega destes documentos no idioma do país de destino ou en inglés.
O alumnado que queda exento de facer a proba, presentará os documentos oficiais que acrediten o nivel de idioma.


NOTA:
Realizarase unha proba escrita do idioma do país de destino ou de inglés.

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:

► O alumnado que non figure na lista de inscritos non se poderá presentar á proba.

►A data do exame non será modificada salvo por causa médica, en cuxo caso a persoa interesada deberá xustificalo debidamente.

►Enténdese que o alumnado coñece con suficiente antelación dita data e ten a obriga de presentarse puntualmente no día asignado á hora establecida.

►O alumnado que presente algún documento oficial que acredite o nivel de idioma queda exento de facer esta proba. A entrega deste documento farase o propio día do exame

►Os resultados faranse públicos o 5 de novembro. Nesta mesma data abrirase un período de alegacións de dous días.


►Para calquera aclaración: Departamento de Programas Europeos ou por mail ao enderezo iesjc.coordinadorerasmus@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario