O vindeiro mércores 04 de novembro terá lugar na aula 10 unha reunión informativa , dirixida a todo o alumnado de FP de grao superior, sobre o programa ERASMUS + e a posibilidade de realizar prácticas en empresas europeas cunha beca de mobilidade.
Dende o departamento de Programas Europeos vos animamos a asistir e coñecer algo máis sobre esta oportunidade que vos ofrece o centro, e que pode supór un grande cambio para as vosas vidas a nivel profesional e persoal.
Vos invitamos a coñecer un bocadiño máis sobre o tema ERASMUS +, visitando a nosa páxina web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario