BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

viernes, 17 de junio de 2016

EXPORTANDO TALENTO


Hoxe os nosos Erasmus son portada no Faro de Vigo! Có gallo do regreso dos nosos estudantes e a feliz noticia da súa contratación en Alemaña, o Faro de Vigo aproveitou para visitar o noso centro e facerlles unha entrevista en profundidade a Manuel, Maget e Juan. Vos deixamos aquí o enlace á noticia: "El Johán Carballeira exporta talento a Alemania".

Aproveitamos para destacar a excelente preparación coa que os nosos alumn@s de Construccións Metálicas saen ao mercado laboral, que vén sendo recoñecida non só polas empresas da contorna, senón tamén en Europa. Non hai máis que ver as estatísticas de colocación destes estudantes para constatar o éxito do ciclo. 
Este ano, a promoción 2014/2016 remata cunha colocación do 100%, tanto entre os que marcharon a Alemaña como os que quedaron na provincia.

A finais deste mes ábrese o prazo de matrícula nos ciclos, tomade nota!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario