BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

domingo, 12 de junio de 2016

REGRESO A BUEU


Cómo pasa o tempo!
Xa están de volta das súas prácticas Erasmus en Melle os nosos estudantes de Construcións Metálicas, Juan, Manuel e Maget. Os tres están moi contentos pola experiencia vivida, os coñecementos adquiridos e pola oportunidade que lles ten ofrecido Alemaña.

Pero a súa aventura non remata aquí, xa que a satisfacción das empresas de acollida foi tal, que os tres recibiron a oferta de quedar a traballar en Melle cun contrato laboral. A partir do mes de agosto, os tres comezarán unha nova vida no país.

Non podemos estar máis satisfeitos coa experiencia vivida este curso, acadando un 100% de ocupación dos nosos estudantes Erasmus.

De novo agradecer a Hartwig Grobe e Rubén Andina a súa laboura de soporte loxístico e emocional dos nosos alumnos/as. É unha tranquilidade envialos a Alemaña sabendo que van a ter unha acollida tan impresionante a nivel profesional e humano. Grazas, grazas e grazas!

Tamén agradecer a David Cabanelas e á súa muller as atencións adicadas aos tres Erasmus e máis ao centro, é moi bonito ver cómo continúa esta cadea de solidariedade e apoio entre compañeiros.

Aproveitamos unha vez máis para animarvos a participar no programa Erasmus e recordarvos que está en marcha o proceso de selección de candidatos para a convocatoria de 2017.

No hay comentarios:

Publicar un comentario