BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

BLOG DE PROGRAMAS EUROPEOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA

viernes, 2 de septiembre de 2016

NOVA VISITA DOS ESTUDANTES DE HARSEWINKEL A BUEU


Un ano máis o noso centro recibe a visita dos estudantes do Gymnasium de Harsewinkel dentro de programa de intercambio estudantil con Alemaña que o IES Johan Carballeira ven desenvolvendo dende o curso 2013/14.
Dez estudantes e dúas profesoras chegaron o pasado mércores a Bueu para desfrutar dunha semana no noso país e poder coñecer de preto a nosa cultura e o noso xeito de vida.

Estes sete días terán un programa de actividades moi completo, con visitas a Cangas, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. Ademáis coñecerán de preto o noso centro, o pobo e a nosa contorna, con saídas de sendeirismo, participación nas clases e diversas actividades didácticas e xyncanas que lles permitirán achegarse dun xeito práctico e divertido á nosa realidade (museo Massó, praza de abastos, cabo Udra, concello...)

No contexto lóxico dun programa de intercambio, as estudantes están sendo acollidas con grande xenerosidade por dez familias buenenses, que poderán desfrutar da riqueza que supón o intercambio lingüístico e cultural con persoas doutros países.

Nestes días vos iremos informando sobre a marcha do programa. Lembrarvos que neste mes de outubro comezarán de novo as clases de lingua e cultura alemá, que son de carácter gratuito e que se imparten polas tardes no centro.

Enlace á nova no Faro de Vigo:

Bueu y Alemania renuevan su amistad







No hay comentarios:

Publicar un comentario