Esta mañán o alcalde de Bueu, Félix Juncal, recibiu no concello aos estudantes e profesores que participan no programa de intercambio con Alemaña.
Tanto o alcalde como o concelleiro Fidel Castro destacarona riqueza deste tipo de experiencias "xa que permiten intercambiar formas e hábitos de vida, ademais de aprender sobre o xeito de vivir nas diversas partes do mundo".
Tralo acto, houbo un intercambio de agasallos entre as respectivas institucións. O concello fixo entrega da bandeira de Bueu e diversos libros e discos de música propia do municipio. As profesoras alemás agasallaron aos políticos con chocolate e produtos típicos da súa rexión.
A axenda para os estudantes proseguirá ao longo desta xornada cunha visita guiada a cabo Udra, un picnic e unha ruta de sendeirismo no lugar.
Enlace á nova no Faro de Vigo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario